Que é Lanóbriga?

*Lanóbriga é outra invención do suposto topónimo da citania de Lámbrica, San Cibrao das Las e Ourantes (Ourense).

Lámbrica, San Cibrao das Las e Ourantes

Este palabro podería ser engadido ao de *Lansbrica, na colección de pseudotopónimos da citania debidos a lecturas incorrectas, incompletas, apresuradas ou distantes do epígrafe da ara de Eiras.

ALAIN TRANOY publicou en 1981 (La Galice Romaine. Recherches sur le nord-ouest de la péninsule ibérique dans l’Antiquité) a seguinte lectura da ara: 

BANDV / A LANOB RICAE AE / MILIVS RE / BVRRINVS

Baseándose en TRANOY, ANTONIO RODRÍGUEZ COLMENERO (Galicia Meridional Romana) cambia en 2000 a súa anterior interpretación (*Lansbrica) sobre o topónimo da inscrición da ara de Bandua de Eiras:

En todo caso, la gran S, clarísima para Rivas, de Lansbricae, se convierte en una O suficientemente nítida para Tranoy y para mí.”

RODRÍGUEZ COLMENERO aseguraba que o topónimo era *Alanobriga ou *Alaniobriga, asumindo parcialmente a proposta de TRANOY.

É salientable que na fotografía que aporta RODRÍGUEZ COLMENERO en 2000 é fácil percibir o M de LAMBRICAE (“M” en lugar dos “N” e “O” propostos por TRANOY. Ver fotografía na páxina 6 do artigo PDF de RODRÍGUEZ COLMENERO).

Ara de Bandua de Eiras

Unha visita á ara en 2007, grazas á persoa que vivía na casa, Alfredo Lima López, permitiu facer unhas fotografías. Alí podíase ler:

BANDV / ? LAMB / RICAE AE / MILIVS RE / BVRR(I)NVS

A Bandu / ? de Lamb / rica  E/ milio Re / burrino (cumpriu o seu voto).

🐍

🐍

BIBLIOGRAFÍA

ALAIN TRANOY. La Galice romaine. Recherches sur le nord-ouest de la péninsule ibérique dans l’Antiquité. Diffusion de Boccard. París. 1981.

RODRÍGUEZ COLMENERO A.: “Sobre un supuesto error epigráfico-histórico. Correcciones al ara de Bandua Aetobricus de Codesedo (Ourense) y a otros epígrafes de su amplio entorno”. Cuadernos de Estudios Gallegos. Tomo XLVII, Fascículo 113. Santiago, 2000.

GONZÁLEZ IGLESIAS, F.: “A ara de Eiras e o topónimo Lámbrica” en Ágora do Orcellón 35. Páx. 17-33. Instituto de Estudos Carballiñeses. Vigo.  Xuño de 2019. ISSN 1577-3205.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario